Para estar o día das nosas actividades a partires de agora podes seguirnos :

Canal de YouTube
https://www.youtube.com/user/teatrobadius

Perfil de Facebook:

https://www.facebook.com/teatro.badius

E- mail Contacto: teatrobadius@yahoo.es

martes, 16 de diciembre de 2008


O sábado 6 de decembro actuamos na Agualada (Coristanco). Ao rematar a actuación quixemos gravar unha panxoliña dedicada aos nosos seguidores, pero problemas técnicos impídennos amosala en todo o seu esplendor. Para compensar aí tendes a foto de todo o grupo que a pesar de todo vos desexa un FELIZ NADAL!!!!!!!!!!!!!!

jueves, 4 de diciembre de 2008

Actuación en Bemantes (Miño)


O sábado 29 de novembro fomos a actuar a Bemantes, no Concello de Miño. O día era frío, moi frio. O local estaba frío, moi frío e a obra comezou algo fría, pero logo foise quentando, coma sempre, e o público (escaso) coidamos que o pasou aceptablemente ben. Á volta moitos tramos da estrada estaban xeados e agardabamos facer patinaxe en calquera intre, pero nada o condutor non se animou e chegamos sen novidade a Baio. O sábado que vén a Agualada. Agardamos que pase o frío.

sábado, 29 de noviembre de 2008


O domingo 16 de novembro (si non nos gusta moito actuar en domingo, o único que ten de bo é que o diá anterior non tes que descargar nin ese día que cargar) pois actuamos en Lousame, ao ladiño de Noia, inda que para non perder os bos costumes demos unha voltiña pola zona antes de atopar o local. Este era pequeno pero acolledor. Na foto pódese ver os escenario (foto de Marcos).

O día 15 de novembro actuamos en Rois (si esta vez chegamos directos ao non facerlle caso ao GPS de Alberto como na última visita). Claro que unha vez en Rois demos a típica visita de recoñecemento ao lugar buscando o local. Chegamos e agora sigo cos comentarios de Marco:
"No tiene aparcamiento para el autobus, hay que descargar solo del lado de la acera, la sala de actos está en un primero pero dispone de un pequeño ascensor en el que entran facilmente los baules.
también tiene camerinos con baños, espejos y duchas ( un lujo )y un pequeño espacio en un lateral para los actores, cuidadin con las escaleras de bajada a los camerinos son demasiado enpinados.
El escenario tiene una boca y un fondo suficiente para las representaciones que habitualmente realizamos". Aí vai tamén unha foto do auditorio.

O día 1 de novembro (Santos). Actuamos no Ézaro (Concello de Dumbría). . Aquí tendes tamén unha foto da actuación.