Para estar o día das nosas actividades a partires de agora podes seguirnos :

Canal de YouTube
https://www.youtube.com/user/teatrobadius

Perfil de Facebook:

https://www.facebook.com/teatro.badius

E- mail Contacto: teatrobadius@yahoo.es

martes, 16 de diciembre de 2008


O sábado 6 de decembro actuamos na Agualada (Coristanco). Ao rematar a actuación quixemos gravar unha panxoliña dedicada aos nosos seguidores, pero problemas técnicos impídennos amosala en todo o seu esplendor. Para compensar aí tendes a foto de todo o grupo que a pesar de todo vos desexa un FELIZ NADAL!!!!!!!!!!!!!!

jueves, 4 de diciembre de 2008

Actuación en Bemantes (Miño)


O sábado 29 de novembro fomos a actuar a Bemantes, no Concello de Miño. O día era frío, moi frio. O local estaba frío, moi frío e a obra comezou algo fría, pero logo foise quentando, coma sempre, e o público (escaso) coidamos que o pasou aceptablemente ben. Á volta moitos tramos da estrada estaban xeados e agardabamos facer patinaxe en calquera intre, pero nada o condutor non se animou e chegamos sen novidade a Baio. O sábado que vén a Agualada. Agardamos que pase o frío.